IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser

aimen_laserIX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser      

CT Aimen, Porriño. 21-22 Febreiro 2013

As IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, previstas para os próximos 21 e 22 de febreiro de 2013, están promovidas e organizadas polo Centro Tecnolóxico AIMEN, con máis de 40 anos de experiencia na I+D+i para a mellora da competitividade do tecido industrial, referente en España e Europa no campo das tecnoloxías de unión e láser. Preténdese nesta IX edición ser un encontro internacional da tecnoloxía láser, onde se poidan presentar as novidades que se están a desenvolver, tanto no mundo empresarial, en Centros Tecnolóxicos e Universidades.

O obxectivo desta xornada é favorecer o encontro entre os profesionais que traballan con tecnoloxía Láser. Sen que se nos esquecen sobre todo as empresas que poden estar interesadas de incorporar esta tecnoloxía ao seu proceso produtivo.

Este evento está enmarcado dentro das accións de difusión da Plataforma Galega de Materiais e Procesos de Fabricación-MPF2020, e o seu obxectivo é ampliar o coñecemento sobre procesos láser entre a industria española, a través da presentación das últimas aplicacións a nivel europeo. Esta conferencia, que alcanza a súa novena edición, asentouse xa como un importante foro de coñecemento no sector, ao expoñer cada ano os últimos e máis relevantes avances nesta tecnoloxía.

A quen vai dirixido: 

A profesionais, persoas de organizacións que se dediquen á investigación e a empresas interesadas en compartir experiencias e desenvolver contactos, xa sexa provedoras ou usuarias de tecnoloxías láser.Estas xornadas constitúen unha sesión técnica que se converteu nun punto de encontro internacional para todos os actores do tecido industrial directamente vinculados aos procesos láser ou as empresas interesadas en coñecelos.

A conferencia está dirixida aos seguintes públicos:

  • Empresas de sectores industriais.
  • Directores industriais, de enxeñaría, de produción, de soldadura, de calidade e de I+D
  • Investigadores e tecnólogos de universidades.
  • Centros de I+D.
  • Institutos tecnolóxicos.
Máis información