Xornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal

xornada_ticXornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal

Santiago de Compostela. 17 Marzo 2012

Horario: 10:00-13:00 horas

O Centro Demostrador TIC de Galicia, posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Ministerio de Industria, Energía e Turismo, a través da entidade pública empresarial red.es, constitúe  un  espazo de referencia no que as empresas galegas poden acceder ás ultimas novidades tecnolóxicas e comprobar de forma práctica a mellora que supón a implantación destas novas tecnoloxías na súa produtividade e competitividade.

O Centro Demostrador TIC de Galicia organiza á Xornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal o vindeiro 17 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 .

O obxectivo da Xornada é achegar ás empresas do sector solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.

Pola sóa asistencia á Xornada Demostradora "Solucións Tecnolóxicas para a modernización da Industria do metal " as empresas poderán beneficiarse do Plan de Incentivos do Centro Demostrador TIC de Galicia. O obxectivo deste plan é facilitar o acceso dos traballadores e traballadoras das empresas participantes nas actividades do Centro Demostrador TIC a formación punteira en materia de novas tecnoloxías aplicadas á empresa.

A asistencia á Xornada é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC

Máis información e programa_industria_metal