Principal

Benvido á Web pública da Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación - MPF2020.

MPF2020 é un foro aberto promovido pola industria co fin de acadar unha masa crítica suficiente para consensuar aspectos claves para o desenvolvemento tecnolóxico galego no ámbito da enxeñería avanzada dos materiais, que inclúe materiais de aplicabilidade industrial e os procesos de transformación ós que estes son sometidos durante as operacións de fabricación, tales como: imagesCAXS6ZSB

-   Materiais: metálicos, plásticos, textis, cerámicos, materiais de construción, vidro e composites.

-   Procesos e Tecnoloxías Fabricación: Producíón "near net shape" e produción a medida, conformado, mecanizado, unión e corte, tratamentos dos materiais, recubrimentos e enxeñería de superficies, reciclaxe, nano e micro fabricación. 

-   Deseño, Cálculo e Simulación: Deseño e Cálculo de componentes e simulación dos procesos industriais.

A Plataforma MPF2020 está aberta tanto a empresas como a centros públicos e privados de investigación, centros tecnolóxicos, grupos de inversores, entidades da administración pública ou calquera outro axente do sistema Ciencia-Tecnoloxía-Industria involucrado directa ou indirectamente no ámbito da enxeñería avanzada dos materiais, e comprometido coa innovación e o desenvolvemento tecnolóxico neste campo.