Skip to content
Situación: Novas arrow Noticias arrow Xornada Técnica Simulación Soldadura
Xornada Técnica Simulación Soldadura PDF Imprimir Correo-e

jornada_simulacionLugar de celebración: CT Aimen

Data de celebración: 17 de outubro de 2012

Horario: de 09:20 a 13:45

A soldadura é un dos procesos máis amplamente utilizados para fabricación e reparación de produtos e estruturas a nivel industrial, así como un dos máis críticos no resultado final do produto. O proceso de soldadura require altos niveis de integridade e fiabilidade, para iso debe ser meticulosamente estudado, antes, durante e tras o proceso de unión. Na actualidade, xunto con ferramentas empíricas e analíticas dispoñibles no mercado, cobra importancia a utilización de ferramentas máis avanzadas como a simulación numérica.

O uso de simulación, pon a disposición de centros e empresas especializadas unha ferramenta rápida e precisa para estudos de optimización e parametrización, reducindo a necesidade do emprego dos tradicionais métodos de definición e axuste de proceso mediante proba e erro. Ademais contribúe ao incremento de calidade dos produtos soldados e á prevención de fallos durante a fabricación ou a vida en servizo das pezas.

OBXECTIVOS

A xornada ten como obxectivo difundir diferentes tecnoloxías e solucións de simulación de soldadura e casos de éxito obtidos polos diferentes participantes nesta, para a resolución de problemas reais da industria relativos aos efectos de tensións residuais e distorsión provocados por procesos de soldadura por fusión.

Para concluír, a xornada complementarase cunha mesa redonda na que os participantes e asistentes poderán formular as súas cuestións e necesidades en relación ás temáticas abordadas na xornada.

Mais información e programa

 
< Ant.   Seg. >

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser