Skip to content
Situación: Novas arrow Grupos de Traballo arrow Materiais de Construcción Naval
Materiais de Construcción Naval PDF Imprimir Correo-e
 
mpf2020 

Grupo de Traballo

MATERIAIS de CONSTRUCCIÓN NAVAL

Promovido por:

ACLUNAGA 

Coordina:

C.T. AIMEN

Breve descripción

O obxetivo xeral do Grupo é promover e desenvolver a I+D+i en novos e mellorados materiais de construcción naval.

Para a consecución desta meta planteanse as seguintes líñas de traballo:

  • Desenvolvemento de novos materiais, simples e compostos, coas características de lixeireza e resistencia, con propiedades que soporten mellor os efectos da corrosión, a fricción, o desgaste ou o envellecemento, resistentes á deformación pola calor ou lume, non emisores de residuos tóxicos e que resistan as accións de axentes exteriores minimizando os seus efectos ou o seu impacto sobre o contorno.
  • Novas pinturas e/ou recubrimientos e sistemas alternativos de efecto fluído-dinámico, que non só permitan diminuír a fricción nas probas de velocidade, senón tamén diminúan as adherencias ao casco ao longo da vida do buque
  • Procesos e ferramentas innovadores en fabricación de estruturas en material composite illantes e con boa resistencia ao lume; mellora da resistencia á corrosión, fricción, desgaste, deformación e paneis de aluminio e as súas aleaccións.
  • No campo da náutica de recreo, deseño e desenvolvemento de novos materiais de recubrimiento, para conservar a súa capacidade competitiva así como para evitar os problemas de adherencias que invaliden a súa habilidade para navegar e fagan custoso o seu mantemento.
  • Manuais de usuario de CFRP: para sistematizar o cálculo, ensaio, fabricación e a construción de elementos estruturais, como paus e apéndices de barcos de recreo e competición.
  • Novos materiais compostos que permitan procesos de fabricación automatizada para desenvolver postas a punto e transferencia de tecnoloxías innovadoras como novas técnicas de moldeo de vía líquida automatizada e de molde pechado, novos procesos baseados na utilización de resinas termoplásticos como tecnoloxía limpa e para reducir os tempos de fabricación, curado de resinas termoestables alternativo ao tradicional, con redución significativa do tempo de proceso e aplicación da infusión como alternativa á proxección na fabricación de embarcacións.

Participantes

 

 

AIMEN 

 
< Ant.

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser