Skip to content
Situación: Novas arrow MPF2020 arrow Organización
Organización PDF Imprimir Correo-e

MPF2020 integra a todas aquelas entidades cuia actividade, directa ou indirectamente, relacionase cos materiais e os procesos de fabricación.

A organización de MPF2020  ten catro niveis que reflicten as responsabilidades e as relacións entre os diversos órganos que a integran. imagesCAAHWSNW

Na cúpula da decisión da Plataforma atópase a Asemblea Xeral, da que forman parte tódalas entidades que manifestaron o seu interese en participar en MPF2020. Ditas entidades estarán representadas polos seus niveis máis altos de organización. Asimesmo, forman parte da Asemblea Xeral os altos representantes das Administracións e dos Centros de investigación involucrados.

O Grupo Promotor está constituído pola Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste- Centro Tecnolóxico AIMEN, que asume a coordinación, a Universidade de Vigo, a través do Grupo de Investigación ENCOMAT, o Instituto de Cerámica de Galicia, o Grupo de Investigación de Polímeros da Universidade de A Coruña, FACTORIAS  VULCANO, S.A. en representación do sector da Construción Naval, DAYCOENSA, S.L. en representación do sector de Automoción e CEDERVALL ESPAÑA, S.A., en representación do sector Metal-mecánico.

O Grupo Promotor disolverase  trala celebración da primeira Asemblea, pasando a integrarse no Grupo Executivo.

Para dar resposta aos obxectivos propostos por MPF2020, a Plataforma conformase nunha serie de Grupos de Traballo, cuia finalidade é levar a cabo as accións pertinentes que permitan o cumprimento de ditas metas.  A coordinación dos grupos de traballo é responsabilidade do Comité Executivo, que velará pola coordinación e implementación das liñas de I+D+i recollidas na Axenda Estratéxica de Investigación. O Comité Executivo está constituído polos membros promotores de MPF 2020 e o coordinador de cada un dos grupos de traballo.

Pola súa parte, a Secretaría Técnica, función asumida por AIMEN, é o órgano para garantir o bo funcionamento da plataforma a nivel operativo, e está ao cargo tanto da coordinación interna como das actividades de promoción e difusión da mesma.

O Grupo de Asesores Externos está constituído por representantes das Administracións Públicas, Universidades, Centros Públicos e Privados de I+D, Entidades Financeiras e Certificadoras, Consultoras, Fundacións e Asociacións Empresariais, de ámbito autonómico e/ou  nacional. 

No organigrama da organización amosase a relación e estrutura dos distintos órganos de MPF2020.

 

 

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser