Skip to content
Situación: Novas arrow MPF2020 arrow Obxectivos
Obxectivos PDF Imprimir Correo-e

Entre os obxectivos específicos propostos para MPF2020, cabe destacar:

  • Mellora-la base tecnolóxica das empresas galegas mediante a xeración e posta en común de coñecemento no área da enxeñería avanzada dos materiais, e o desenvolvemento e/ou incorporación de novos materiais e tecnoloxías avanzadas de fabricación.
  • Potencia-la I+D+I no ámbito dos materiais e os seus procesos asociados mediante a integración e complementariedade das capacidades e coñecementos dos distintos axentes que interveñen en dito ámbito.
  • Levar á práctica a Axenda Estratéxica de Investigación establecida, como modo de logra-los imagesCAT7DLMGobxectivos definidos pola propia industria no documento de visión para garanti-la súa competitividade a longo prazo.
  • Fomenta-la participación das PYMEs no desenvolvemento de I+D+I, xa que son o núcleo motor da economía e as responsables últimas, en moitos casos, de levar a cabo a innovación.
  • Colaborar coas diferentes administracións públicas na definición de políticas efectivas de I+D+I e na elaboración de plans de I+D+I relacionados co área dos materiais e dos seus procesos asociados, incluíndo as necesidades tecnolóxicas definidas pola propia industria.
  • Avanzar na incorporación de materiais e procesos asociados máis respetuosos co medioambiente, o que redundará nunha mellor calidade de vida da Sociedade galega en xeral e nun mellor cumprimento dos criterios de sostenibilidade.
  • Servir de nexo de unión con outras Plataformas Galegas e Nacionais co obxecto de crear un fluxo de ideas bidireccional que, por unha banda, permita aproveitar a nivel autonómico as directrices de ditas plataformas e, por outra banda, ter en conta as peculiaridades da industria galega, na que predominan as pequenas e medianas empresas.
  • Incrementar e orienta-lo investimento privado en I+D+I, pois existe un gran descoñecemento, non só por parte do tecido industrial, senón tamén por parte do mundo financeiro, que debe ser un dos grandes impulsores da mesma apoiando ás empresas nos proxectos que acometa.

Se comparte os nosos obxectivos, convidámoslle a participar, nos grupos de traballo de MPF2020 cumprimentando o boletín de adhesión existente a tal efecto,  e remitindo ben por correo postal, fax ou e-mail á Secretaría Técnica de MPF2020:

C/ Relba 27-A   Torneiros  36410   O Porriño - Pontevedra
Tel.: (34) 986 344 000
Fax: (34) 986 337 302
E-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser