Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Asamblea da Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación PDF Imprimir Correo-e
18 de September do 2008

img_0002A primeira Asamblea da plataforma MPF2020 tivo lugar no Club Financiero Vigo. Representantes das empresas e organismos participantes definiron o 3 de Xullo a estructura da propia plataforma e as actividades a desenvolver polos grupos de traballo. A aprobación por unanimidade dos Estatutos da Plataforma abriu un encontro que máis tarde definiría liñas de investigación e participantes para os seguintes grupos: Materiais Cerámicos, Materiais Polímeros, Materiais Metálicos, Materiais Compostos, Procesos e tecnoloxías de Fabricación e Formación, Xestión e Promoción da I+D+i.

 
A rede NEURONA reúne en Santiago de Compostela ás Plataformas Tecnolóxicas Galegas PDF Imprimir Correo-e
10 de September do 2008

lneuronaO pasado 11 de Xullo tiveron lugar en Santiago de Compostela unha serie de obradoiros de cooperación entre as Plataformas Tecnolóxicas Galegas. O obxectivo de NEURONA para este evento foi a búsqueda de puntos de encontro entre as plataformas e a definición das primeiras liñas de traballo.

Ler máis...
 
A UDC e as empresas constitúen o Centro Galego do Plástico para potenciar o sector a través da I+D+I PDF Imprimir Correo-e
08 de April do 2008

Innovación e Industria, a UDC e as empresas constitúen o Centro Galego do Plástico para potenciar o sector a través da I+D+I

-O conselleiro de innovación salienta que "o Centro Galego do Plástico será o referente e motor da investigación en tecnoloxías do sector e servirá para potenciar a I+D das empresas galegas. Ademais, o carácter transversal dos materiais plásticos fará que o centro tecnolóxico teña repercusión en moitos outros sectores industriais"

 
A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías organiza unha Xornada de Dinamización da I+D+i PDF Imprimir Correo-e
02 de April do 2008

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías organiza unha Xornada de Dinamización da I+D+i entre empresas e investigadores

Esta Xornada pretende que se aclaren dubidas sobor da colaboración entre os grupos de traballo da USC e as empresas, a o fin de presentar Proxectos ás convocatorias da Consellería de Innovación no eido da I+D+I. O acto terá lugar o Mércores 2 de Abril no Edificio CACTUS (baixada a Biblioteca- Campus Universitario de Lugo) a partir das 11:00 horas

 
A Plataforma Tecnolóxica de Materiais presenta as súas primeiras accións na Tecnópole PDF Imprimir Correo-e
18 de March do 2008

A Plataforma Tecnolóxica de Materiais presenta as súas primeiras accións na Tecnópole

 A Plataforma Tecnolóxica de Materiais e Procesos de Fabricación (MPF 2020) presentoulles o pasado 13 de marzo a empresarios, investigadores e tecnólogos as súas primeiras accións nun acto celebrado na Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

O seu obxectivo é potenciar a I+D no ámbito dos materiais cunha perspectiva horizontal da que se beneficiarán varios sectores, algúns deles con especial presenza na provincia de Ourense: o aeronáutico, o metal-mecánico, o químico, o téxtil, o da automoción, os da construción naval e civil, o da fabricación de bens de equipo e o da fotónica.

 
Innovación e a Xerencia do sector da Construcción Naval destinan 9,65 millóns á formación PDF Imprimir Correo-e
04 de March do 2008

Innovación e a Xerencia do sector da Construcción Naval destinan 9,65 millóns á formación dos traballadores das empresas auxiliares

As actuacións a desenvolver no marco deste convenio inclúen accións de formación continua para os traballadores das empresas auxiliares, accións formativas para obras cualificadas que precisan dunha alta capacidade tecnolóxica e innovadora

 
Innovación e industria destina preto de 110 millóns de euros ás axudas de I+D+i deste ano PDF Imprimir Correo-e
04 de March do 2008

Innovación e industria destina preto de 110 millóns de euros ás axudas de I+D+i deste ano, un 131% máis que en 2005

En total, son 9 convocatorias de axudas: Recursos Humanos; Promoción Xeral da Investigación; Programas Sectoriais de investigación aplicada, I+D SUMA e PEME I+D; Fomento da Innovación Empresarial; Propiedade Industrial; Dinamización da Innovación; Comunicación e Sensibilización Social; Estruturación e consolidación de unidades de investigación; e a nova convocatoria de Fomento do uso das deducións fiscais para actividades de I+D+i

 
Inauguración do laboratorio de ensaios e I+D do formigón PDF Imprimir Correo-e
19 de February do 2008

O conselleiro de Innovación inaugura o laboratorio de ensaios e I+D do formigón impulsado por ASFHORGAL

Este centro permitirá afondar na implantación da calidade dos produtos e nos procesos das empresas, así como no desenvolvemento de novas liñas de traballo en I+D+i

 
<< Inicio < Ant. 11 12 Seg. > Remate >>

Resultados 81 - 88 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser