Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
EUROMAT 2013 PDF Imprimir Correo-e
05 de June do 2012

euromat_2013 Sevilla, España. 08-13 Setembro 2013

A presenza española no Congreso Euromat 2011 foi moi importante: houbo unha elevada presenza de organizadores españois, España ocupou o terceiro lugar en contribucións e impartíronse 8 Conferencias por parte de investigadores españois.

Neste contexto de importancia e participación dos investigadores da Península Ibérica na comunidade científica internacional, a FEMS confiou a organización do próximo Congreso EUROMAT 2013 á Sociedade Española de Materiais e a Sociedade Portuguesa deas Materiais. O Congreso celebrarase entre o 8 e o 12 de setembro de 2013 celebrarase en Sevilla.

As temáticas do congreso serán:

  • Materiais Estruturais
  • Materiais para Tecnoloxía de Información
  • Metais Avanzados
  • Materiais magnéticos
  • Cerámica Avanzada
  • Polímeros Avanzados
  • Materiais Híbridos e Novos Conceptos de Materiais
  • etc.

Datas importantes:  

  • Setembro 2012 - Primeiro anuncio e chamada de traballos
  • Xaneiro 2013 - data límite para resumos (1500 carácteres)
  • Metade Abril 2013 - Confirmación a autores
  • Maio 2013- programa Preliminar na web
  • Xuño 2013 - Segunda chamada
  • Setembro 2013 - Conferencia

Máis información

 
XI Brazilian MRS Meeting PDF Imprimir Correo-e
15 de May do 2012

xi_encontro

Florianópolis (SC), Brasil. 23 a 27 de setembro 2012

O evento busca aproximar investigadores en Ciencia e Enxeñaría de Materiais de Brasil e do Exterior. Ao propoñer encontros multi-, inter e transdisciplinares en investigación de materiais, os encontros anuais buscan integrar o desenvolvemento científico, a innovacións e aplicacións tecnolóxicas en materiais, procesos e dispositivos.

Mantendo o formato tradicional das reunións anuais da SBPMat, o XI Encontro será realizado na forma de simpósios temáticos coa presentación de traballos orais e sesións de póster.

Máis información

 
Investigación, desenvolvemento e innovación PDF Imprimir Correo-e
21 de March do 2012
curso_plataforma

Investigación, desenvolvemento e innovación. Conceptos e proceso de iniciación das organizacións á I+D+i (Nivel I. Primeiro curso 2012)

A conciencia da importancia da I+D+i para o futuro das organizacións está xa moi xeralizada e, non embargante, seguen a existir dificultades en moitas organizacións á hora de levar á praxe esta conciencia, dificultades que adoitan ter a súa orixe nunha formación aínda con baleiros que cubrir, e tamén por descoñecernento ou inseguridade á hora de dar os primeiros pasos para iniciarse neste ámbito de xestión.

  • Modalidade: Semipresencial, a través da Plataforma web combinada con talleres presenciais. Para completar a formación celebrarase tamén un seminario á finalizacion dos cursos de Nivel 1.
  • Duración: 30 horas
  • O período de teleformación vai dende o 16 abril a 25 maio de 2012.

O taller presencial, que se realizará en Vigo,  constará dunha sesión única o 25 de maio de 2012 en horario de 09:30 a 13:30 horas. A poñencia correrá a cargo de Gemma Laso, Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela e socia consultora de Inxenia DT con ampla experiencia en programas nacionais e europeos de I+D+i.

O seminario do Nivel I, que se realizará en Santiago de Compostela o 20 de Xullo en horario de 10:00 a 12:00 horas, leva por título " A estratexia de innovar" e terá como poñente a Juan José Goñi, Director de Desenvolvemento de persoas de TECNALlA, primeiro centro de investigación aplicada español e quinto de Europa.

Resumo dos contidos:

  • Definición de investigación, desenvolvemento e innovación, e visualización dos conceptos mediante exemplos. Diferentes clasificacións e tipos de innovacións.
  • Razóns para innovar. Importancia da I+D+i para as organizacións. Guía de iniciación á innovación para organizacións non experimentadas.

 Obxetivos:

  • Dar a coñecer os conceptos fundamentais de I+D+i.
  • Dotar ás organizacións dos coñecementos necesarios para iniciar a súa andaina en materia de innovación.
  • Fomentar á toma de conciencia nas organizacións respecto á necesidade de innovar.
  • Vencer as dificultades que adoitan darse á hora de dar os primeiros pasos en I+D+i.

Dirixido a: 

  • Persoas e organizacións que queiran adquirir os conceptos fundamentais de I+D+i.
  • Organizacións que busquen orientación para dar os seus primeiros pasos en I+D+i.
  • Organizacións que queiran aumentar o número de traballadores familiarizados coa I+D+i para aumentar a polivalencia e/ou a participación no proceso de innovación.
  • Profesionais interesados na formación continua en materia de innovación.

Data límite de inscripción: 30 de Marzo de 2012

Prezo: 430€

Este curso pode ser financiado a través do sistema de bonificacións da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego (FTFE) - Orde Ministerial 2307/2007.

O boletín de inscripción debe enviarse a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 

 
Creatividade e pensamento innovador. Xeración de ideas innovadoras PDF Imprimir Correo-e
21 de March do 2012
curso_plataforma

Creatividade e pensamento innovador. Xeración de ideas innovadoras (Nivel I. Segundo Curso 2012)

Con respecto á creatividade adoita haber confusión respecto á súa natureza, pois considérase erróneamente unha cualidade innata e privativa dalgúns individuos, cando en realidade é unha habilidade/competencia que calquera pode aprender, desenvolver e potenciar cunha práctica continuada. A creatividade é, a súa vez, a base do pensamento innovador, polo que resulta crucial nas primeiras fases do proceso de innovación.

  • Modalidade: Semipresencial, a través da Plataforma web combinada con talleres presenciais. Para completar a formación celebrarase tamén un seminario á finalizacion dos cursos de Nivel 1.
  • Duración: 50 horas
  • O período de teleformación vai dende o 28 de maio a 20 de Xullo de 2012.

Os talleres presenciais, que se realizarán en Vigo,  constarán de dúas sesións os días 06 e 13 de Xullo de 2012, en horario de  09:30 a 13:30 horas. A poñente deste talleres será Trinidad Domínguez, Doutora e Investigadora da Universidade de Vigo, con ampla experiencia en organización de talleres de creatividade para o fomento da innovación.

O seminario do Nivel I, que se realizará en Santiago de Compostela o 20 de Xullo en horario de 10:00 a 12:00 horas, leva por título " A estratexia de innovar" e terá como poñente a Juan José Goñi, Director de Desenvolvemento de persoas de TECNALlA, primeiro centro de investigación aplicada español e quinto de Europa.

Resumo dos contidos:

  • Concepto de creatividade e mitos ao seu redor, barreiras que ésta atopa nos individuos e na organización, aprendendo a ser creativo, divulgación de ferramentas de estímulo da creatividade e o pensamento innovador (6 sombreiros para pensar, relacións forzadas, analoxías, SCAMPER, mapas mentais, brainstorming, brainwriting, TRIZ ... ).

Obxetivos:

  • Potenciar o pensamento creativo e innovador nas organizacións como base para fomentar a innovación.
  • Derrubar os falsos mitos sobre a creatividade. 
  • Dar a coñecer ás barreiras que limitan á creatividade. Amosar o uso, utilidade e aplicación das diferentes ferramentas para potenciación da creatividade.

Dirixido a:

  • Persoas e organizacións interesadas en estimular as súas habilidades creativas.
  • Organizacións que desexen potenciar o xurdimento de ideas creativas no seu seo.
  • Organizacións que queiran fomentar no seu seo a apertura ás novas ideas e vencer a resistencia ao cambio.
  • Profesionais interesados na formación continua.

Data límite de inscripción: 11 de Maio de 2012

Prezo: 510€

Este curso pode ser financiado a través do sistema de bonificacións da Fundación Tripartita para a Formación no Emprego (FTFE) - Orde Ministerial 2307/2007.

O Boletín de inscripción debe enviarse a Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

 
Xornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal PDF Imprimir Correo-e
07 de March do 2012

xornada_ticXornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal

Santiago de Compostela. 17 Marzo 2012

Horario: 10:00-13:00 horas

O Centro Demostrador TIC de Galicia, posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración co Ministerio de Industria, Energía e Turismo, a través da entidade pública empresarial red.es, constitúe  un  espazo de referencia no que as empresas galegas poden acceder ás ultimas novidades tecnolóxicas e comprobar de forma práctica a mellora que supón a implantación destas novas tecnoloxías na súa produtividade e competitividade.

O Centro Demostrador TIC de Galicia organiza á Xornada Demostradora TIC dirixida ao sector da Industria do Metal o vindeiro 17 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 .

O obxectivo da Xornada é achegar ás empresas do sector solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.

Pola sóa asistencia á Xornada Demostradora "Solucións Tecnolóxicas para a modernización da Industria do metal " as empresas poderán beneficiarse do Plan de Incentivos do Centro Demostrador TIC de Galicia. O obxectivo deste plan é facilitar o acceso dos traballadores e traballadoras das empresas participantes nas actividades do Centro Demostrador TIC a formación punteira en materia de novas tecnoloxías aplicadas á empresa.

A asistencia á Xornada é de balde, condicionada ao aforo do local e previa inscrición en liña a través do portal web do Centro Demostrador TIC

Máis información e programa_industria_metal

 
1 º Foro NanoValor PDF Imprimir Correo-e
28 de February do 2012

nanovalor1 º Foro NanoValor - A valoración de resultados de I + D en Nanotecnoloxía na Euro- Rexión Norte de Portugal-Galicia
 Universidade do Miño, Braga, Portugal. 06 Marzo 2012

O consorcio do proxecto convídao a participar no 1 º Foro NanoValor - "A valoración de resultados de I + D en Nanotecnoloxía na Euro-Rexión Norte de Portugal-Galicia" o próximo día 6 de marzo ás 10:00 horas nas instalacións da Universidade do Miño (auditorio B2, Complexo Pedagóxico 2 - CP2), no Campus de Gualtar en Braga.

O obxetivo do evento é posta en común de experiencias, a través de discusións moderadas, entre investigadores de grupos e centros de investigación, representantes de empresas e institucións vinculadas á transferencia de tecnoloxía de resultados de I + D do Norte de Portugal e de Galicia.

Esta reunión de expertos terá tamén como  obxectivo entender de que xeito o proxecto NanoValor poderá dar resposta a necesidades concretas, identificadas polos distintos stakeholders, relacionadas co desenvolvemento, valoración e comercialización de ideas e proxectos en torno á nanotecnoloxía.

A inscrición no foro é gratuíta pero limitada ao número de prazas dispoñibles. O prazo de inscrición remata o 02 marzo de 2012.

Máis información, programa e boletín de inscrición

 
Xornada Técnica sobre marcado CE en estruturas metálicas PDF Imprimir Correo-e
09 de February do 2012

jornada_tcnica

 Xornada Técnica sobre marcado CE en estruturas metálicas CE

conforme á norma UNE-EN 1090-1:2011

Centro Tecnolóxico AIMEN, Porriño. 29 Febreiro 2012

INTRODUCIÓN:

 A Directiva de Produtos da Construción 89/106/CEE recolle nos seus artigos instrucións aplicables a calquera produto que se incorpore en obras de construción tanto de edificación como as relacionadas coa enxeñaría civil o que permitirá ás empresas coñecer o procedemento a seguir para obter o marcado CE. No caso das estruturas metálicas, os requisitos actualizáronse con implantación nas empresas da norma UNE EN 1090-1. Esta norma harmonizada que inclúe os requisitos que han de cumprir as empresas en relación ao cálculo e fabricación de compoñentes e estruturas portantes de aceiro e aluminio terá carácter obrigatorio a partir de xullo de 2012.

O obxectivo principal da presente xornada é achegar a nova norma en materia de construción de estruturas metálicas á industria co fin de que as empresas axusten os seus procesos á mesma. Para iso os relatorios expoñerán os requisitos da norma tanto a nivel práctico coma de certificación.  Para iso expoñeranse os requisitos da norma tanto a nivel práctico coma de certificación.

 DIRIXIDO:

A Empresas fabricantes de Estruturas metálicas e Afíns. Principalmente aos departamentos de Dirección, Calidade e Produción.

Data e horario: 29 de febreiro de 09:15 a 13:30 horas

A inscripción é gratuita.

Máis información

 
CONAC 2012 PDF Imprimir Correo-e
27 de January do 2012

conac

CONAC 2012

Monterrey, México. 08-12 Outubro 2012.

A temática de congreso versará sobre "Procesos de Fabricación de Aceiro", "Procesos de Laminación en quente e en frío de produtos planos e non planos", Usos e Aplicacións do Aceiro e "Mantemento".

O Congreso e Exposición da Industria do Aceiro chamado CONAC, nace co obxectivo de ofrecer un foro nacional en que provedores, fabricantes, usuarios e académicos puidesen intercambiar as súas experiencias e información técnica fomentando a capacitación e a actualización dos mandos intermedios da industria siderúrxica e o interese dos estudantes universitarios neste ramo da industria.

A exposición que se realiza dentro do CONAC, permite aos provedores dar a coñecer as características dos seus novos produtos e servizos, establecendo contactos comerciais que propician o achegamento entre eles e os fabricantes do aceiro e as súas aplicacións.

Máis información

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 9 - 16 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser