Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Activación do Grupo de Traballo de Procesos e Tecnoloxías de Fabricación PDF Imprimir Correo-e
15 de December do 2008

reuningprocesosytecfabricacin14A semana pasada tivo lugar a reunión de activación do Grupo de Traballo de Procesos e Tecnoloxías de Fabricación. Cunha importante presencia do tecido empresarial, a reunión serviu para trazar as liñas mestras das que serán as áreas de traballo dos proxectos de I+D+i de este grupo: desenvolvemento de entornos de traballo automatizados, novas técnicas de inspección na liña de producción, simulación de procesos de embutición, desenvolvemento de novas ferramentas láser e sistemas robotizados de soldadura. A reunión contou coa presencia de dúas representantes do INCITE, no marco da conectividade existente entre a Plataforma MPF2020 e a rede Neurona.

 
Activación do Grupo de Traballo de Materiais Metálicos PDF Imprimir Correo-e
09 de December do 2008

mpf2020-matmetalicosO grupo de traballo de Materiais Metálicos comenzou a súa andaina o pasado 26 de Novembro no Centro Tecnolóxico AIMEN cunha primeira reunión onde se trataron diversos temas como a composición do grupo ou as funcións da secretaría técnica. O núcleo da xuntanza centrouse no debate dos proxectos presentados e o seu grado de aplicabilidade a cada unha das empresas participantes. De este xeito, as líñas de traballo vencellas á investigación de materiais metálicos lixeiros e o comportamento de materiais en condicións extremas de traballo atraeron a atención da maioría dos representantes. As estructuras metálicas modulares así como o desenvolvemento de ferramentas para o corte por diamante tamén tiveron cabida dentro das propostas que xa van contando con respaldo para a formulación de proxectos para o Fondo Tecnolóxico.

 
Presentación de Neurona en Bruxelas PDF Imprimir Correo-e
18 de November do 2008

lneuronaO vindeiro 3 de Decembro terá lugar en Bruselas a presentación de Neurona, a rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas á que pertence MPF2020. O acto contará coa presencia de Salustiano Mato, director xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria, que fará un percorrido polos obxectivos e proxectos das Plataformas Tecnolóxicas vencelladas ós sectores productivos estratéxicos en Galicia.

 
Congreso Manufuture2008 PDF Imprimir Correo-e
04 de November do 2008
manufuturestetiene

MANUFUTURE2008 ten como tema principal as "Eurorrexións e PEMEs na consecución das prioridades estratéxicas en procesos de fabricación". A conferencia se centrará en temas como a importancia das PEMEs no desenvolvemento da competitividade e a innovación na industria europea, o papel das rexións e clústers na I+D+i en procesos de fabricación ou a organización óptima para a consecución das prioridades de I+D+i. Para máis información, pode descargar o Programa de Manufuture2008.

 www.manufuture2008.eu/

 
 
V Xornada de Procesado de Materiais con Láser PDF Imprimir Correo-e
31 de October do 2008
laser

O centro tecnolóxico AIMEN organiza o vindeiro mes de Novembro a quinta edición da Xornada de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, co obxectivo de dar difusión entre o entorno industrial estatal da investigación que se realiza a nivel europeo sobre os procesos láser. Na actualidade, as tecnoloxías láser permiten explorar un amplio abano de aplicacións para o procesamento de materiais, tanto metálicos coma non metálicos. Dende a creación do Centro de Aplicacións Láser, o centro AIMEN, ven desenvolvendo procesos de corte, recargue, tratamento térmico e soldadura coas tecnoloxías láser das que dispón o centro.

Ler máis...
 
Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española do Aceiro PLATEA en AIMEN PDF Imprimir Correo-e
15 de October do 2008

plateaO Centro Tecnolóxico AIMEN colabora coa presentación da Plataforma Tecnolóxica Espaola do Aceiro –PLATEA, que se celebrará o próximo 21 de Outubro de 2008. PLATEA nace co obxectivo de impulsar o desenvolvemento e crecemento sostible do sector, así como de acadar unha mellora da competitividade das empresas a través da inversión en coñecemento e a innovación. Esta plataforma está formada entre outros organismos, por empresas productoras, suministradores, clientes, recicladores e reutilizadores, administraciones e organismos de ciencia e tecnoloxía

Ler máis...
 
Segunda edición da Xornada de Adhesivos PDF Imprimir Correo-e
13 de October do 2008

adhesivosO principal obxectivo é ampliar o coñecemento sobre adhesivos entre a industria galega, especialmente en sectores fundamentais do noso entorno máis inmediato, como son o sector automoción e de construcción naval. A través da xornada se pretende establecer un punto de encontro para industrias, empresas, universidades e centros tecnolóxicos interesados nas unións con adhesivos.

 

Ler máis...
 
Xornada de Materiais en AIMEN PDF Imprimir Correo-e
06 de October do 2008

materialesO Centro Tecnolóxico AIMEN, no seu afán por contribuir o desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das empresas, organiza a I Xornada de Materiais. Unha xornada concebida para difundir os diferentes traballos desenvoltos a nivel estatal de cara a mellorar a vida útil de compoñentes e utillaxes industriais e, así, promover accións de I+D+i no ámbito da enxeñería avanzada de materiais.

 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 80 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser