Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Divulgación do programa MATERA+ PDF Imprimir Correo-e
10 de February do 2009

materaO programa de financiamento para proxectos relacionados coa enxeñería de materiais nos eidos dos materiais multifuncionais, materiais estructurais e materiais bioinspirados achégase ó seu lanzamento a través da apertura da convocatoria o vindeiro 10 de Marzo. Podedes atopar un resumo da convocatoria aquí ou ampliar información na páxina web do proxecto www.matera.fi  así como consultar aclaracións respecto dos participantes na ampliación do artigo.

Ler máis...
 
Curso de nanocomposites en materiais cerámicos PDF Imprimir Correo-e
10 de February do 2009

nanokerO proxecto NANOKER ofrece un curso na producción de materiais cerámicos de nanocomposites en Madrid do 23 ó 27 de febreiro do 2009. O curso, repartido en cinco módulos, trata os seguintes temas: materiais, procesos e estratexa de desenvolvemento de productos, síntesis de polvos nanoestructurados, procesado de nanocomposites, propiedades dos nanocomposites e modelado e simulación. Para máis información pódese visitar www.nanoker-society.org

 
Intelixencia Estratéxica nas Plataformas Tecnolóxicas PDF Imprimir Correo-e
05 de February do 2009

cis-galiciaO CIS-Galicia acollerá o vindeiro 19 de Febreiro a Xornada de "Intelixencia Estratéxica, Ofertas de demandas tecnolóxicas a través da Enterprise Europe Network e Nova base de datos de expertos por áreas tecnolóxicas". O seminario está orientado a potenciar as capacidades e recursos das Plataformas Tecnolóxicas Galegas e as súas entidades adheridas. Para máis información, pódese descargar o programa

 
Apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación a empresas da Plataforma PDF Imprimir Correo-e
29 de January do 2009

01-logo_feder-ueUn grupo de empresas adheridas a Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación - MPF2020 reciben o apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011, para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i. Ditos proxectos contan coa coafinanciación do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).  As investigacións desenvolvidas, amosan o compromiso destas empresas coa I+D+I como aposta de futuro, contribuindo a dar resposta á competitividade, modernización e diversificación da economía productiva da nosa comunidade.

DINAK, S.A Aplicación de novos materiais na fabricación de chimeneas resistentes a ambientes corrosivos. Desenvolvemento dun protocolo de ensaios especifico.Estudio sobre o control da calidade da unión soldada por plasma en chimeneas e tubos para extracción de gases basados en técnicas de visión por computador. GANDARA CENSA, S.A. Desenvolvemento e aplicación de procesos de soldeo de alta deposición para a construcción de muiños de bolas empregados na indústria mineira. EUROSTYLE ORENSE AUTOMOTIVE, S.L. Investigación de procesos de soldeo láser para a súa aplicación en celdas flexibles con aplicación a materiais plásticos e textis. CEDERVALL ESPAÑA, S.A. Recubrimentos de alta fricción para acoplamentos de eixos de helices para buques. ADHESIVOS INDUSTRIALES DOURDIN, S.A. Emprego de lodos como absorbentes de metais de augas residuais industriais. FACTORIAS VULCANO, S.A. Aplicación do proceso de soldeo ao arco plasma keyhole de alta densidade enerxética nas liñas de armado de Factorias Vulcano, S.A. DYTECH ENSA, S.L. Deseño de novos materiais de aporte para o soldeo forte de aceiros inoxidables. EXTRUSIONADOS DE GALICIA, S.A. Investigación sobre a aplicabilidade da tecnoloxía da soldadura por fricción batida (FSW) no sector da extrusión do alumínio. METALURGICA ORRO, S.L. Investigación dos procesos de transformación, soldeo e recubrimento de aleacións metálicas empregadas na fabricación de compoñentes aeronáuticos. AISLAMIENTOS TÉRMICOS DE GALICIA, S.A. Embarcación multiproposito de alta velocidade para apoio a buques atuneiros. METALÚRGICA DEL DEZA, S.A. Desenvolvemento dunha celda productiva multifuncional basada robot mobill para aplicacións de construccions estructurais e calderería pesada. 

 
Nanotec2009: Competitividade e Innovación para o desenvolvemento industrial PDF Imprimir Correo-e
20 de January do 2009

nanotecEntre o 31 de Marzo e o 3 de Abril de este ano terá lugar en Roma a conferencia internacional sobre nanotecnoloxía Nanotec2009. As principais liñas de interese serán as políticas de desenvolvemento da nanotecnoloxía, as aplicacións en dispositivos médicos, electrónicos e de seguridade, así como o desenvolvemento sostible no referente a enerxía, transporte e medio ambiente, co obxectivo de coñecer os últimos avances e de crear un foro adecuado á comunicación entre os axentes responsables da investigación e a industria.

www.nanotec2009.it

 
Pedro Merino en RadioVoz PDF Imprimir Correo-e
12 de January do 2009

radiovozPedro Merino, actual responsable do Grupo de Investigación de Materiais e Tecnoloxía Metalúrxica da Universidade de Vigo, interviu o pasado dezaseis de decembro no programa Entre Voces de Radiovoz, nunha entrevista onde destacou as principais liñas de investigación da plataforma como motor para impulsar a I+D+i na comunidade. A entrevista íntegra pódese escoitar aquí:

 
MATERA+: Financiación no eido da enxeñería de materiais PDF Imprimir Correo-e
08 de January do 2009

inciteA Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria está participando na ERA-NET MATERA+, que ten previsto lanzar en Marzo do 2009 unha convocatoria para financiar proxectos de investigación relacionados coa ciencia e enxeñería de materiais. A Dirección Xeral financiará a participación de empresas, centros tecnolóxicos e equipos de investigación do sistema galego de investigación nas seguintes liñas: Materiais multifuncionais, Materiais estructurais de enxeñería e Materiais "bio-inspired" e "bio-based".

Ler máis...
 
Presentación da Plataforma MPF2020 no CIS-Galicia de Ferrol PDF Imprimir Correo-e
15 de December do 2008

mpf2020_-_ferrol8A presentación da Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación celebrouse o pasado venres, 12 de Decembro, nas instalacións do CIS-Galicia no concello de Ferrol. A xornada contou coa asistencia de empresas do centro e norte de Galicia, interesadas no percorrido que fixo a Secretaría Técnica polas tres áreas básicas da Plataforma: o funcionamento do organismo como vertebrador dos proxectos de I+D+i para a innovación na tecnoloxía de materiais e procesos, as políticas europeas de apoio o desenvolvemento tecnolóxico das eurorrexións e os primeiros proxectos nas áreas de materiais metálicos e de procesos e tecnoloxías de fabricación sobre os que se está a traballar actualmente.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 65 - 72 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser