Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Apertura da convocatoria MATERA+ PDF Imprimir Correo-e
16 de March do 2009

materaA OPIDI informa da apertura da convocatoria de 2009 da ERA-NET MATERA+, que financiará proxectos de investigación relacionados coa ciencia e enxeñería de materiais, a desenvolver a partir do ano 2010. MATERA+ é unha iniciativa na que Galicia participa a través da DIrección Xeral de I+D+i xunto con Bélxica, Finlandia, Islandia, Irlanda, Israel, Italia, Letonia, Luxemburgo, Noruega, Polonia, Suiza, Turquía, Reino Unido, Pais Vasco e Madrid. MATERA+ ofrece aos participantes unha via simplificada para a iniciación e participación en proxectos europeos de I+D+i. Para máis información: www.matera.fi

 
Reunión bilateral con PTGAL PDF Imprimir Correo-e
16 de March do 2009

reunionmpf2020ptgal1As plataformas tecnolóxicas galegas Agroalimentaria e de Materiais e Procesos de Fabricación adicaron unha das súas xornadas ó coñecemento mutuo a través do encontro dos seus respectivos comités executivos. Coas axendas estratéxicas de investigación enrriba da mesa, o pasado 12 de Marzo supuxo a liña de saía cara a integración e converxencia das áreas de traballo comúns e do esforzo de alinear tanto recursos coma posibles proxectos conxuntos. O evento formou parte da xeira de reunións entre plataformas que está a manter neste ano MPF2020 cara un mellor posicionamento estratéxico investigador.

 
II Xornada de END. Tecnoloxías avanzadas de Inspección con Ultrasonidos PDF Imprimir Correo-e
05 de March do 2009

endO obxectivo principal da Xornada é mellorar o coñecemento sobre as novas tecnoloxías de ultrasonidos, englobando tanto a fabricantes de equipos como a asociacións europeas de certificación, formación e homologación. Se pretende establecer un foro de comunicación no que se poidan identificar a súa aplicabilidade e beneficios frente a outras técnicas e orientar así as empresas sobre as súas posibilidades actuales e futuras no campo dos ensaios non destructivos.

A Xornada terá lugar o vindeiro 17 de Marzo de 9:00 a 18:00h no Centro Tecnolóxico AIMEN. Pódese descargar máis información sobre a Xornada aquí.

 
Seminario de materiais híbridos nanoestructurados para aplicacións fotovoltaicas PDF Imprimir Correo-e
02 de March do 2009

nanolichtEntre o 9 e o 11 de Marzo terá lugar en Valencia un seminario que tratará sobre os últimos avances no eido dos materiais híbridos nanoestructurados en aplicacións fotovoltaicas. O longo das xornadas, presentaranse temas coma o tratamento superficial, a caracterización óptica de sistemas híbridos, as células solares híbridas, o crecemento de nanoestructuras para aplicacións fotovoltaicas ou a transferencia de electróns en sistemas orgánicos e inorgánicos. Para máis información pódese consultar a web

 
Activación do Grupo de Traballo de Materiais para Construccion Naval PDF Imprimir Correo-e
27 de February do 2009

reuniongtmatcnavalmpf2020_2Cunha importante presencia do tecido empresarial do sector naval galego, deron comezo as actividades do Grupo de Traballo de Materiais para Construcción Naval o pasado 18 de Febreiro no Centro Tecnolóxico AIMEN. Ó longo da xornada debatironse tanto os informes preliminares sobre as tendencias no emprego de novos materiais e aplicacións como os principais retos á hora de afrontar investimentos en investigación neste eido, como son as sociedades de clasificación, as novas normativas contra incendios ou a identificación das partes do buque con máis potencial de desenvolvemento.  

 
Forum i-Techpartner sobre novos materiais PDF Imprimir Correo-e
23 de February do 2009

logo-eventOs vindeiros 5 e 6 de Marzo terá lugar en Valencia o "Forum i-Techpartner sobre nuevos materiales". Este foro é unha ocasión para o encontro entre os investigadores máis innovadores, expertos industriais e inversores de capital risco especializados en Novos Materiais onde explorar as novas oportunidades de colaboración. O Forum está organizado por Europe Unlimited e IMPIVA, e apoiado pola Comisión Europea baixo a iniciativa PRO-INNO Europe. Pódese atopar máis información na web

 
Novidades no programa MATERA+ PDF Imprimir Correo-e
23 de February do 2009

materaO programa para proxectos relacionados coa enxeñería de materiais conta coa entidade IMASDE como entidade financiadora para os proxectos dentro da convocatoria de MATERA+. Xa está disponible a versión actualizada das liñas básicas do programa aquí onde se detallan tanto as condicións xerais coma o calendario para os anos 2009 e 2010 da convocatoria. Para máis información, poñedevos en contacto coa secretaría técnica da plataforma.

 
Reunión bilateral con ENVITE PDF Imprimir Correo-e
11 de February do 2009

envite-editAs instalacións de SOGAMA, en Cerceda, A Coruña, acolleron o pasado 3 de febreiro a reunión bilateral entre as plataformas tecnolóxicas de Medio Ambiente e Materiais e Procesos de Fabricación. Representadas polos respectivos comités executivos, as plataformas adicaron a xornada a un debate no que se sentaron as bases da colaboración en proxectos comúns e se perfilaron os mecanismos nos que as plataformas poden traballar conxuntamente. A reunión atendeu de este xeito á responsabilidade das entidades representadas cara unha optimización da reciclabilidade dos productos e procesos productivos cada vez máis demandada e necesaria.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 57 - 64 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser