Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Reunión do GT Procesos e Tecnoloxías de Fabricación PDF Imprimir Correo-e
29 de May do 2009

protecO Grupo de Traballo de Procesos e Tecnoloxías de Fabricación celebrou a súa segunda xuntanza o 20 de Maio. Fronte a unha ampla representación do tecido empresarial galego, se presentaron os diferentes proxectos propostos que van perfilando as necesidades de mellora das entidades interesadas. O encontro serviu igualmente para a presentación da experiencia en proxectos de I+D+i das empresas Tune-Eureka e Mecanizados Rodríguez Fernández, así como poder asistir a interesante ponencia de Pedro Verón sobre os procesos de fabricación na industria nuclear. Un percorrido pola web da Rede Neurona a cargo dos responsables da DIrección Xeral de I+D+i pechou a xornada.

 
Reunión de lanzamento do proxecto D0 PDF Imprimir Correo-e
29 de May do 2009

d0O pasado 21 de Maio tivo lugar no Centro Tecnolóxico AIMEN a reunión de lanzamento do proxecto do Fondo Tecnolóxico D0 ou Distorsión Cero. Representantes de tódalas entidades participantes puxeron en común e estableceron as liñas de actuación básicas de cara os próximos meses, co fin de arrancar coas tarefas que levarán o desenvolvemento do estudio da mellora dos procesos de soldadura en estaleiros e empresas auxiliares  para acadar a menor distorsión posible nas pezas e estructuras no sector naval.

 
Tecnoloxías de extrusión de Aluminio PDF Imprimir Correo-e
29 de May do 2009

extrusionO centro Tecnolóxico AIMEN organiza o próximo mes de Xuño un seminario sobre tecnoloxías de extrusión de Aluminio. O curso pretende proporcionar coñecementos técnicos os profesionais do sector da extrusión de aluminio ou aqueles estreitamente relacionados con esta actividade. Dirixido ós responsables de producción, enxeñería, I+D, calidade e compras, o obxectivo principal é mellorar o coñecemento das aleacións de aluminio e a súa aplicación no proceso de extrusión. Tamén se busca relacionar a metalurxia do aluminio co proceso de fabricación e as propiedades obtidas no perfil, e coñecer as técnicas de control de calidade aplicables os perfiles extruidos. O programa pódese descargar aquí.

 
Foros de Intercambio de experiencias en I+D+i PDF Imprimir Correo-e
28 de May do 2009

foros

A Secretaría Técnica da Plataforma lanza a convocatoria dos Foros de Intercambio de Experiencias en I+D+i. O obxetivo é crear sinerxias e fomentar a I+D+I colaborativa entre as entidades adheridas á Plataforma Tecnolóxica Galega MPF2020. Os foros son un punto de encontro no que se comparte e dáse a coñecer as iniciativas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación levadas a cabo polas diferentes entidades que integran MPF2020. A experiencia serve tamén para analizar e avaliar outros camiños posibles de cara a innovación no mundo empresarial, así como coñecer qué actividades se están a desenvolver actualmente nos diferentes sectores estratéxicos en Galicia, tales como: Construción Naval, Automoción e Metalmecánico. As bases da convocatoria pódense descargar aquí. e a solicitude de inscripción aqui.

 

 
Convenio de colaboración con PTGAL PDF Imprimir Correo-e
28 de May do 2009

ptgalComo resultado da xuntanza entre os comités executivos das plataformas Agroalimentaria e de Materiais e Procesos de Fabricación, asinouse esta semana un convenio de colaboración entre ambas entidades para a promoción e o desenvolvemento de actividades que impulsen melloras tecnolóxicas e formativas nos eidos de traballo comúns. Séntanse así as bases para o traballo en conxunto no referente a capacidades, proxectos, xornadas, etc...

 
Nanotecnoloxía: beneficios e aplicacións PDF Imprimir Correo-e
13 de April do 2009

globalSantiago de Compostela acollerá os vindeiros 20 e 21 de Maio o congreso Nanotecnoloxía, beneficios e aplicacións inmediatas. O encontro pretende achegar as empresas as diversas e importantes aplicacións de esta revolucionaria ciencia, o seu estado actual e avances en materiais, medicina e saúde, enerxía, medioambiente, electrónica ou alimentación. Para máis información consulte www.globalenergy.es

 
Transferencia tecnolóxica sobre enxeñería de materiais PDF Imprimir Correo-e
06 de April do 2009

enterpriseeuOs próximos 13 e 14 de Maio terá lugar en Eindhoven, Holanda, un evento de transferencia tecnolóxica no marco da IX Feira de Enxeñería de Materiais, que se centrará nas últimas innovacións en tecnoloxía de materiais: metal, plásticos, cerámicas, vidrio, caucho, materiais compostos, agro-materiais, materiais de superficie, desenvolvemento de productos, soldadura e unión, investigación e reciclaxe. As empresas, universidades e centros de investigación interesados en participar poden enviar antes do 28 de Abril os seus perfís tecnolóxicos ó catálogo do evento, a partir da cal poderán seleccionar entrevistas bilateriais. Para máis información: www.materialsengineering.b2bmatchmaking.com

 
Nova web da rede Neurona PDF Imprimir Correo-e
30 de March do 2009

neuA rede Neurona, que agrupa a todas as Plataformas Tecnolóxicas Galegas, estrea nova web baixo a dirección www.redeneurona.org. Este soporte ofrece tanto as empresas como as propias plataformas recursos coma búsqueda de inversores e financiamento, servicios de vixilancia tecnolóxica, procura de socios para proxectos así como información no referente ós programas de apoio á I+D+i, entre outros. Convídase dende aquí a tódalas empresas da plataforma a rexistrarse e utilizar os servicios da rede Neurona.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 49 - 56 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser