Skip to content
Situación: Novas arrow Novas
Novas
Xornada "Vixilancia Tecnolóxica: Ferramenta para Innovar" PDF Imprimir Correo-e
23 de November do 2009

imagen_vtA plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación, a través do seu Grupo de Traballo de Formación e Xestión da I+D+i,  organiza unha xornada denominada Vixilancia Tecnolóxca, ferramenta para innovaro vindeiro 3 de decembro de 2009 en horario de 16:00 h  a 19:00 h.

A Vixilancia Tecnolóxica (VT) é un elemento básico de calquer sistema de xestión da innovación que permite as empresas definir a súa estratexia competitiva e apoiar os procesos de toma de decisións cun menor grado de incertidumbre.

A empresa que realiza VT estará nunha posición máis ventaxosa, ao dispor de información esencial e relevante en canto a tendencias tecnolóxicas, ameazas e oportunidades, competidores, posibles socios ou alianzas, etc. Ademáis doutros aspectos, tales como a situación de mercado, que pode ser clave á hora de ter éxito no desenvolvemento de produtos e servizos innovadores.

A Xornada é de caracter gratuito e terá lugar nas instalacións do Centro Tecnolóxico en O Porriño (C/ Relva, 27 A, 36410 O Porriño, Pontevedra).


  Descargue o programa da xornada aquí  e o formulario de inscrición aquí

 
IV Asemblea Anual da Plataforma Tecnolóxica Española de Fotónica PDF Imprimir Correo-e
10 de November do 2009

fotonica-webO Centro Tecnolóxico AIMEN acolle o próximo 25 de novembro de 2009 a IV Asemblea Anual da Plataforma Tecnolóxica Nacional de Fotónica 21. Esta plataforma nace coa finalidade de vertebrar o proceso de innovación industrial da tecnoloxía fotónica e as súas aplicacións en catro sectores económicos clave: Tecnoloxía para a información e as Comunicacións, Procesos de Fabricación Industrais, Ciencias da Vida, Iluminación e Displays. Con motivo desta Asemblea, terá lugar un encontro entre a Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación e a Plataforma Tecnolóxica Fotónica 21, coa finalidade de presentar a súas Axendas Estratéxicas de Investigación e identificar liñas de I+D+i comúns, que poidan materializarse en proxectos interplataformas.

 
VI Xornada Láser en AIMEN PDF Imprimir Correo-e
10 de November do 2009

imagen_vi_laserO Centro Tecnolóxico AIMEN organiza o próximo 24 de novembro a Xornada de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, que este ano celebra a súa sexta edición. As tecnoloxías basada no emprego do láser presentaronse fai uns cantos anos como unha alternativa eficaz ós procesos convencionais en un número cada vez maior de aplicacións industrais. Dende o ano 2004, a Xornada Láser de AIMEN, ven consolidandose como punto de encontro para todos os actores do sistema nacional de innovación vencellados cos procesos láser, fundamentalmente empresas que empregan a tecnoloxía láser nos seus procesos produtivo, ou aquelas, interesadas en conocer a aplicabilidade desta tecnoloxia nos seus procesos. Durante a Xornada presentaránse novas aplicación da tecnoloxía láser para o pocesado de materiais, así como casos prácticos de investigación. Coa finalidade de asegurar unha visión amplia do estado actual  da tecnoloxía láser e a súas perspectivas de futuro, entre os ponentes contaráse con usuarios pertencentes a diferentes sectores industriais, provedores de tecnoloxía láser e investigadores.

A Xornada Láser enmarcáse dentro das actividades promovidas dende a Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación - MPF2020. Para maís información sobre a Xornada, consulte o progama e o formulario de inscrición.

 
15th IIW Shipbuilding Meeting en Galicia PDF Imprimir Correo-e
09 de November do 2009

iiwOs próximos 1 e 2 de decembro terá lugar en Vigo a celebración da décimo quinta reunión sobre construción naval que organiza anualmente o Instituto Internacional de Soldadura (IIW). Nesta ocasión, dada a importancia da industria naval en Galicia, o Centro Tecnolóxico AIMEN será o anfitrión para a celebración deste evento, que terá lugar na sede central de AIMEN en O Porriño. O IIW Select Committee on Shipbuilding ven actuando nos últimos anos como rede internacional de intercambio de coñecemento, ideas e información sobre soldadura no sector naval entre astaleiros, centros tecnolóxicos, empresas de enxeñería de soldadura e universidades de diferentes países Neste evento, de dous días de duración, trataránse temas sobre a tecnoloxía avanzada e a enxeñeria de soldadura, así como a xestion e organización dos recursos relacionados coas condicións de traballo na industria de construción naval. Na organización deste evento colaboran a Plataforma Tecnolóxica Galega do Naval e a Plataforma Tecnoloxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación.

Maís información

 
Obradoiro de Preparacion de Propostas de Proxectos Europeos PDF Imprimir Correo-e
02 de October do 2009

dibujoA Plataforma Tecnolóxica  Galega de Materiais e Procesos de Fabricación  - MPF2020, organiza o vindeiro 08 de outubro de 2009 en AIMEN un "Obradoiro de Preparación de Prospostas de Proxectos Europeos". AIMEN e a OTRI da Universidade de Vigo colaboran coa PTG MPF2020 na organizacion deste obradoiro, eminentemente práctico, a través do cal os participantes coñecerán as oportunidades de financiamento de proxectos de I+D+I a nivel europeo así como os pasos a seguir para elaborar unha proposta de proxecto europeo.

Para máis información consulte o Programa da Xornada. Os interesados en asistir a xornada deberán cumprimentar o pdf formulario de inscrición.

 
Xornada "Colaborar para Innovar: As oportunidades do Fondo Tecnolóxico para Galicia" PDF Imprimir Correo-e
09 de September do 2009

dxidA Dirección Xeral de I+D+i da Conselleria de Economía e Industria en colaboracion con Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial e a Fundacion Española para la Ciencia y la Tecnología organizan a xornada "Colaborar para Innovar: As oportunidades do Fondo Tecnolóxico Europeo para Galicia", que terá lugar o vindeiro 16 de setembro a partir das 9.30 h no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. O obxetivo xeral desta xornada, que se enmarca na celebración do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación, é estimular a participación galega nos programas estatais que xestionan o Fondo Tecnolóxico, a través da presentación aos axentes do Sistema Galego de Innovación dos instrumentos a través dos que poden optar a el, así como da exposición de proxectos galegos que xa foron aprobados. No transcurso da xornada, exporase públicamente o proxecto galego "Distorsión 0", financiado polo Fondo Tecnolóxico. O proxecto xerouse no marco de traballo conxunto   entre as Plataformas Tecnoloxícas de Materias e Procesos de Fabricación e a Naval. A presentación do mesmo será realizada por la empresa Factorías Vulcano, S.A. que lidera o proxecto. A asistencia é gratuita, previa inscripción

pdf programa

 
Obradoiros de preparación de propostas ao Fondo Tecnolóxico PDF Imprimir Correo-e
30 de June do 2009

logofondotecnologicoO Centro de Desarrollo Tecnológico e Industrial - CDTI, xunto coa Área de Financiamento de UNITE da DXID, teñen previsto organizar no mes de setembro Obradoiros de preparación de propostas para presentar ao Fondo Tecnolóxico. O obxetivo destes obradoiros, é o de dotar aos asistentes dos coñecementos e habilidades necesarias para elaborar propostas de proxectos de I+D+i cara a súa presentación a convocatoria do Fondo Tecnolóxico. Os obradoiros serán impartidos por expertos do CDTI e da Área de Financiación de UNITE que actuarán en coordinación de acordo co Convenio de colaboración para o Fomento da Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Comunidade Autónoma de Galicia suscrito entre o CDTI e a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Todas las entidades interesadas en particiipar nos devanditos Obradoiros, deben comunicálo a Secretaría Técnica antes de finaís de Agosto, a través da dirección de correo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . Para máis información sobre esta convocatoria pódese consultar a web do CDTI www.cdti.es e na web de Neurona www.redeneurona.org .

 

 
Oportunidades para as PEMEs galegas en Europa PDF Imprimir Correo-e
29 de June do 2009

opidiA OPIDi, en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica Galega de Materiais e Procesos de Fabricación  está a organizar a Xornada "Oportunidades para as PEMEs en Europa", que terá lugar o vindeiro 14 de xullo en Ferrol (Edificio CIS T&D), con motivo da convocatoria 2010 de “Investigación en beneficio das PEMEs” do FP7, que ten prevista a súa apertura o 30 de xullo de 2009 (orzamento: 136,84 M€).
O evento contará coa participación de Fernando Trabada, Xefe da Unidade T4 – PEMEs da Dirección Xeral de Investigación da CE, e con Anxo Moreira, Experto Nacional do Programa Persoas, que falarán dos programas específicos para PEMEs encadrados dentro do FP7. Por outra banda, expertos do CDTI tratarán a nova ferramenta para a busca de socios da “NCP SME Network” e outros Programas internacionais de I+D+i (EUREKA, IBEROEKA, etc.). Por último, expertos galegos transladarán a súa experiencia no programa “Investigación en beneficio das PEMEs”.
Asimesmo, ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas para a revisión de propostas cos expertos dos diferentes programas. Aqueles interesados terán que enviar un resumo da mesma (1 folla máx.), antes do venres, 10 de xullo de 2009. 
Para máis información sobre a Xornada consulte o doc Programa  

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 41 - 48 de 96

Idioma

GalegoCastellanoEnglish
proxectos
axenda 

Últimas Novas

  
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IV Congreso Nacional de Ciencia e Enxeñaría en Materiais 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
EUROCORR 2013   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
9ª Conferencia Internacional e 6ª Conferencia Europea sobre Laminación   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
30ª Conferencia sobre a Industria Siderúrxica Internacional   
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser